Narración oral galega
Creando Historia(s)

ÚLTIMA XUNTANZA

Estas na web
do colectivo noga

O espazo no que confluímos a xente que nos
adicamos á narración oral en lingua galega.

Alá por xaneiro do 2019, despois de moito tempo sen xuntarnos, tiña lugar o «I
ENCONTRO NOGA» na Real Cidade de Mondoñedo. A el asistimos máis dunha vintena
de profesionais da narración oral e serviu para estreitar lazos e espertar un
sentimento de gremio que se botaba a faltar.

Aquel día decidiuse seguir traballando para dignificar este oficio e aínda terían que vir
outro par de encontros máis e algunha xuntanza online (pandemia mediante) para
por fin decidir constituírnos legalmente como asociación.

Sería o 1 de outubro de 2022, no marco do FIOT de Carballo, cando quedou
formalmente constituída a Asociación de Narración Oral GAlega (NOGA). Acoden a
este acto narradoras e narradores orais de todo o país e deste xeito unha das artes
máis populares da Galiza pasa a ter por fin representación colectiva!.

No noso ADN, un eixo imprescindible, o compromiso coa lingua galega por parte das
profesionais que conforman NOGA. Entre os nosos obxectivos a dignificación do noso
traballo en termos de visibilidade e condicións laborais ou a necesidade de ser
interlocutoras ante as institucións… e niso andamos!

1. COMPROMISO COA LINGUA GALEGA

En NOGA estamos comprometidas coa nosa língua, o galego. Traballamos na súa defensa.

2. DIGNIFICACIÓN DO NOSO TRABALLO

A unión fai a forza. Este colectivo procura a mellora das condicións laborais de todas e todos os asociados.

3 . FOMENTO DA HISTORIA E TRADICIÓN GALEGA

A tradición galega como fonte da nosa historia, como punto de unión e punto de partida na creación.

DESCÚBRENOS E SORPRENDERÉMOSTE