AIDA COBAS PALAS DE REI
Sobre
AIDA
O meu medio de expresión, así entendín eu o teatro dende ben pequena sendo este a miña canle para dar voz a miña introversión e sensibilidade. Fun crecendo como así o facía a miña paixón pola interpretación e unha vez chegado o momento de decidir cal sería o meu futuro xa non cabían dúbidas.
A miña formación en arte dramática ademáis de ferramentas técnicas deume a oportunidade de comprender que o meu crecemento persoal e profesional ían da man. Con esta premisa, unha vez rematada a carreira decidín viaxar a Bos Aires, cuna do teatro contemporáneo.
Á volta, e ca miña vocación máis forte ca nunca, continúo a formación co máster de teatro e artes escénicas e comezo a adentrarme en diferentes proxectos. E así continúo ata o día de hoxe, comprometida coa profesión tanto dende a formación como dende a creación, tendo sempre presente a primeira frase.
626 645 875