BEA CAMPOS PONTEVEDRA
Narradora, actriz, escritora e directora teatral. Leva vinte anos contando contos. Licenciada en interpretación textual forma parte das compañías Migallas Teatro e Inventi Teatro.
Sobre
BEA
Bea Campos é actriz, narradora e presentadora. Licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia.
Dende moi nova, comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, participando en festivais de artes escénicas en Latinoamérca. Forma parte da compañía «Migallas Teatro» con diferentes espectáculos para público dende os 6 meses ata os 100 anos.
No mundo do teatro tamén traballa na compañía Inventi Teatro e participa como actriz en diferentes compañías.
É formadora no eido da expresión dramática, da narración oral e da literatura infantil. Tamén colaborou nun gran número de proxectos audiovisuais e durante cinco anos foi presentadora na canle de difusión de literatura infantil “Kalandraka TV” achegando o mundo do libro a nenos e maiores.
619 775 386
ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS
Entre arrolos e Contiños é unha actividade na que os nenos compartirán con aqueles que os coidan e os educan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura, a música e a tradición oral.
A NENA E OS TRES OSOS
“A nena e os tres osos” é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos, con monicreques e cancións. Unha peza visual, baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil.
Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns pode ser… unha familia de osos!
Os tres osos: oso grande, oso mediano e oso pequeno vivían no bosque e todos os días facían o mesmo: almorzaban e, ao rematar, daban un paseo cantando e xogando. Pero aquela mañá as papas estaban moi quentes e decidiron pasear primeiro e almorzar despois… Deste xeito comeza a aventura da nena e os tres osos!
CINCO RATIÑOS DE CONTO
Na aldea do queixo fresco os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias; a da ratiña e a moeda de ouro ou a do rato que se agocha nun zapato. Sons e texturas apoian as historias e captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.