BRAIS DAS HORTAS MOAÑA

Brais das Hortas é narrador, músico e clown. Leva 25 anos movendo marcos entre disciplinas, abrindo regos para sementar música, imaxinación e bo humor.

Sobre
BRAIS

Brais das Hortas é narrador, músico e clown.

Desde 1997 leva polos escenarios as súas propostas, misturando xéneros diferentes con moito ritmo e humor, entretendo a públicos de todas as idades.

Como narrador, actúa tanto en solitario coma con Marta Ortiz na Tropa de Trapo.

A Tropa de Trapo leva 15 anos facendo espectáculos (Antía, Wamba e o regato pequeno, Contos Coas Mans Abertas, Barquiño de Pau, Contos de Nenas Grandes e Pequenas…) e xiras (6 xiras co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, xira con Abanca, Campaña Impórtanos das ONGs de Vigo, campaña de prevención da violencia de xénero da Deputación da Coruña…) actuando para todo tipo de públicos (primeira infancia, infantil, familiar, adolescente e adulto).

En solitario tamén actúa para público familiar (Contos Para Cagar Patatillas, Zona en Obras…) coma para público adulto (Contos de Defuntos e Outros Asuntos).

Tamén dirixiu Matrioskas, onde Marta Ortiz e Sofía Espiñeiras misturan narración oral e canción de autora para falar de historias de vida de mulleres silenciadas desde a súa propia perspectiva.

637 756 129

CONTOS PARA CAGHAR PATATILLAS

Música, clown e contos a partes iguais, nesta proposta de Brais das Hortas para toda a familia.
A Santa Compaña cantando un trap, o home do saco, a verdadeira canción de como morreu Tranquilo, un ataque de salouco, unha base creada ao vivo cunha loop station, sete bruxas que voan de Moaña a Sevilla nunha barca, instrumentos de refugallo creados en directo… e moito máis.
Un espectáculo para morrer de medo… ou de risa!

CONTOS DE DEFUNTOS

Contos de mortos que non están tan mortos, da Santa Compaña que non eran tan santa, de aparecidos e visións… de todas estas cousas que rodean a vida e a morte en Galicia, e das que nunca está de máis falar un pouco. Porque o mundo cambia.
O noso mundo, o dos vivos… e quen sabe se o dos mortos tamén cambiou!
Porque, aínda que haxa luz eléctrica, nunca se sabe onde se che pode aparecer algo…