CÁNDIDO PAZÓ VIGO

O espectáculo da palabra
 

Sobre
CÁNDIDO

Pode definirse como cómico da palabra, o mesmo cultiva o conto tradicional, a historia tabernaria e o monólogo cómico, adaptándose camaleónicamente a cada tipo de programación e público.

629 852 125

FALA FALA...

Un divertido espectáculo que consiste xusto niso: en falar. Unha hora e pico de encontro vivo, directo e ameno co público e no que, con historias de sempre ou de agora, contos novos ou da tradición oral, lerias da vida diaria e, por riba de todo, moito humor, se reivindica e fomenta o uso dese valioso tesouro que herdamos e debemos deixar en herdanza: a nosa fala.

NON HAI MAL QUE POR BEN NON VEÑA

Baseado nunha historia verdadeira. Pouco despois da pandemia do 18 do pasado século. Fame e miseria. Atraído pola recompensa que ofrecen aos asistentes, un neno pobre vai ao enterro dun home rico. Pero unha vicisitude fisiolóxica ameaza con estragar o seu propósito e a súa cobiza. Emoción, memoria e, a pesar de todo, humor. Moito humor porque… non hai mal que por ben non veña.