Carmen domech Caldas de Reis

Carmen Domech Narradora, titiriteira, buscadora de ecos cos que falar e de historias e contos cos que descubrir o mundo e viaxar.
Comezou a súa andaina na narración oral no ano 1987 como membro fundador do colectivo Dingolondango en Madrid. A partir de aí nunca deixou de contar contos. Veu a vivir a Galicia no 1993 e nun par de meses comezou a contar en galego e así continuou a súa andaina de narradora por todo o noso país e máis aló.

Sobre
CARMEN

Son Carmen Domech, nacín unha madrugada, antes do que me esperaban na casa, pero é que tiña moitas ganas de saber como continuaba o libro que estaba a ler a miña nai.
Dende entón e ata agora as historias, contos e lendas teñen acompañado a miña vida.
En canto atopo unha historia, xa sexa na miña cabeza ou nalgún libro que me pide a berros que a conte, póñome mans á obra.
Estou leda de que a narración oral téñase cruzado no meu camiño. Os contos leváronme a traballar ata o cabo do mundo. Das illas Galápagos ata a biblioteca preto da miña casa.
Sempre que teño día de contacontos, póñenseme a danzar as bolboretas dentro do corpo, e iso é
moi, moi parecido á felicidade.
O meu repertorio é moi variado, tan diferente como as cousas que nos suceden ou nos inquietan.
Sempre estou atenta a descubrir historias novas que movan o pensamento e o maxín. Poder transmitilas é un privilexio na miña vida.

627 416 836

ONDE VIVEN OS MONSTROS

A partir de 3 anos. 50 minutos.
Adaptación para monicreques do clásico de Maurice Sendak. Acompañado doutros contos
monstruosos.
Conto participativo «O monstro de cores», de Anna Llenas. E «Monstros na comida», breve historia que nos fai preguntarnos: Como é posible que vendan comida con monstros dentro, que fan dano á nosa saúde? Ademais, eles non queren estar aí!

CONTACONTOS DE LIBROS CONTENTOS

A partir de 4 anos. 50 minutos.

Os libros da miña casa tolearon por completo. A cada un aconteceulle un suceso incrible, e viaxan
nunha maleta de acá para alá, querendo contar a súa historia.
Hainos de todo tipo: tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos… E é que os libros son auténticas caixas de sorpresas.

BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS

Todos os públicos.
É unha instalación, exposición itinerante, con máis de 50 pezas froito dun extenso traballo na narración oral e a animación á lectura.
As pezas foron tratadas plástica e poeticamente a partir do libro como soporte de imaxinación e creación. Dándolle unha carga visual e narrativa que pretende evocar diferentes emocións.
A mostra recibe o nome «Biblioteca de libros fantásticos» porque utilizamos a fantasía para crear os
elementos que a compoñen. Intenta abrir unha porta ao fértil terreo da imaxinación. Motivar aos visitantes a crear as súas propias aventuras ao redor de estas obras. E que fantasíen co que pode
agardar tras os lombos de calquera dos libros que teñen no andel da súa biblioteca.
Traducida a varios idiomas, a «Biblioteca de libros fantásticos» leva rodando por Galicia, España, Europa e América dende o 2004. Tendo unha boa acollida por parte do público xeral, así como dos
centros de ensino que a visitaron.