Cris de Caldas Caldas de Reis
Cris de Caldas naceu cando foi estudar a Santiago, alí era “a de Caldas”
Sobre
CRIS
“Moito conto ten esta rapaza!” e a rapaza medrou ata convertirse nunha muller sempre disposta a escoitar, ler e transmitir os contos que máis lle emocionan. Quere ser unha muller de conto.
699 366 594
COMERÁ O BEBÉ?
É unha estupenda recompilación da nosa tradición oral con ditos e diretes, xogos de man, adiviñas, cantigas popular e petiscos de poesía. Érase unha vez, un bebé, que uns días comía e outros non. Érase unha vez, unha mamá moi optimista, que só quería que o seu bebé comese… dunha vez. Que fará a mamá para que o bebé coma?! Pois… para sabelo, terédelo que escoitar.
Comerá ou non comerá o bebé?
Público: a partir dos 6 meses
Duración: 30 minutos
Narración oral con obxectos e música en directo.
A BIBLIOTECARIA ESTRAFALARIA
Érase unha vez unha bibliotecaria, Candelaria, de quen dicían que era estrafalaria. Ela prestoume, que é o que fan as bibliotecarias, os libros máis espectaculares coas historias máis sorprendentes, coa condición que os contara a quen tivera imaxinación.
Así ando eu, buscando público imaxinativo para contar contos grandes, pequenos, con debuxos e sen eles, con sorpresas, moita arte e moito xogo. Historias que farán gozar aos maiores e pequenos que sairán cun
sorpresa no embigo e no corazón.
Este espectáculo é unha homenaxe ás bibliotecarias e unha verdadeira animación á lectura.
Público: a partir dos 3 anos
Duración: 45 minutos
Narración oral con obxectos, libros e música en directo.
DONA EMILIA E A SEÑORA CARMEN
A vella Carmela sempre tiña un conto na boca, aínda que non llo pediras, ela contábacho. O día que decidiu calar e non contar máis contos nin de vellas nin de novas, a súa neta empezoulle a contar a ela para que non se apagase a súa mente chea de historias. Así foi como a Señora Carmen, entre os fogóns da súa cociña de ferro, soubo dunha condesa que falaba dun mundo que ela ben coñecía.
Mesturando historias de vida e versións moi persoais dalgúns dos contos de Emilia Pardo Bazán, nace esta sesión de narración oral, no que dúas mulleres de distinto orixe e época, conversa sobre as inxustizas acometidas cara as mulleres no pasado e aínda no presente.
Público adulto (a partir dos 15 anos)
Duración: 60 minutos
Narración oral