CRIS COLLAZO A BANDEIRA
Sobre
CRIS
Nacín en Santiago de Compostela no 1986 e medrei no berce dunha aldea chea de fábulas, contos e cantigas. Dos beizos das avoas saíu a maxia da literatura popular que fixeron pouso na miña formación e entendemento da arte dramática. Así mesmo, cursei maxisterio e literatura en Madrid. Nestes anos comezaron as investigacións sobre o teatro cervantino e a literatura popular, así coma a miña carreira profesional como actriz. Curso dirección na ESAD, e tamén me formo noutros ámbitos interpretativos, danza ou música.
646 383 305
COSTUREIRIÑA BONITA
COSTUREIRIÑA BONITA é un espectáculo que combina a maxia do xogo coa saudade dos tempos idos, un canto á muller galega modista, emigrada que procurou nas feituras un xeito de facer a vida. Unha peza apta tanto para exterior como interior, COSTUREIRIÑA BONITA é interxeracional, onde grandes e pequenas desfrutan da música, títeres e lendas, a través dunha participación activa. Ao ritmo frenético da máquina de coser prepáranse os traxes que serven de inspiración para deixar voar a imaxinación.
CHAFALLAS, A VENDEDORA DE FUME
Queremos achegarnos á literatura do rural galego e portugués dende a súa forma tradicional, contos cantados de xeito acumulativo, os enganos e embustes, o marabilloso, o retablo dos títeres, romances representados no cartelón . E queremos facelo dende a óptica do debuxo animado, da comicidade e da sorpresa tanto no tratamento do texto como nas accións, movementos e obxectos. Obxectos que CHAFALLAS vai acumulando ata crear un auténtico GABINETE DE CURIOSIDADES, que é o seu retablo ás costas.
PROCÚRA-SE PEPA A LOBA
PROCÚRA-SE PEPA A LOBA narra a historia que acontece nunha noite fría de inverno PEPA, guiada por un “pao máxico” que a leva dando tombos polo monte, atopa por fin a taberna que estaba buscando. Comeza a arranxala e poñela a punto para o desfrute das xentes.
Neste proceso danza, canta e narra ao público as súas aventuras e confésalles un pequeno segredo: o verdadeiro motivo da súa viaxe é un tesouro. A partires de entón PEPA e o público terán que afanarse para procuralo.