PABLO DÍAZ A CORUÑA

Desde hai vinte anos
xa non vivo chorando, ei!
vivo cantando, ei!
vivo contando,ei!

Sobre
PABLO

Pablo Díaz é un prestixioso músico e contacontos coruñés, que debutou co seu primeiro libro-disco TIC TAC, ao que logo seguiron outros catro máis.

Como contacontos e dinamizador de animación á lectura, formou parte do equipo de Kalandraka entre o 2005 e 2010, para logo empezar a súa andaina como freelance. Actualmente está centrado fundamentalmente na súa faceta como contador, percorrendo bibliotecas, escolas, ou asociacións. Participou en numerosas campañas de animación á lectura por parte de diferentes administracións e ámbitos privados.

636 559 555

CONTANDO NÚMEROS, CANTANDO CORES

Pablo Díaz presenta un contacontos dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 8 anos no que as historias, cheas de humor e imaxinación, se entrelazan coa música.

Unha proposta cultural e lúdica que achega á rapazada ao mundo dos contos, da música e da lingua galega, convertendo cada historia nun pequeno momento máxico para compartir.

A sesión combina narración oral, participación do público e xogos sonoros, e culmina cun pequeno concerto no que o autor coa súa guitarra, interpreta algúns dos seus temas máis populares, convidando a cantar e gozar en familia.

BEBENC@NTA

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para a xente miúda. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra ou harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdas axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións. Moitos dos contos son cantados de principio a fin.
O principal obxectivo é o de crear e dinamizar espazos de lecer en lingua galega para as crianzas.

Este espectáculo está dirixido a bebés de ata 3 anos.

CONTOS CON TRADICIÓN

O músico e contacontos Pablo Díaz convida ás familias a gozar dunha sesión chea de música, contos e tradición.

A través de varios contos tradicionais, fará unha pequena viaxe pola tradición oral galega, combinando historias con melodías e ritmos propios da nosa cultura. Ao longo da sesión tamén aparecerá algún conto de autor ou autora relacionado co mundo da oralidade, creando un encontro divertido e cheo de imaxinación.

Os contos serán cantados e contados en galego e estarán acompañados por instrumentos tradicionais como pandeiretas, pandeiras, pandeiros, frautas ou a gaita, que encherán o espazo de música e ritmo.

Unha proposta pensada para que a rapazada escoite, participe e se mergulle no mundo dos contos e da música.