PAVÍS PAVÓS PONTEVEDRA
Pavís Pavós levamos contando contos para público familiar e para bebés desde o ano 97… Toda unha vida!
Sobre
PAVÍS PAVÓS
PAVÍS PAVÓS comezamos no ano 1996 en Pontevedra como grupo de contadores de contos para público infantil e familiar. No 2012 incorporamos ao noso repertorio sesións de contos para bebés.
No ano 2005 recibimos o premio Xoán Manuel Pintos polo compromiso coa lingua.
Traballamos en bibliotecas, colexios, colaboramos con asociacións, participamos en festivais dentro e fóra de Galiza e dende 2012 coordinamos o Festival SETE FALARES en Pontevedra.
618 951 328
CONTOS PARA ORELLAS ABERTAS
Sesión de contos marabillosos para público a partir de 4 anos. A sesión ten unha duración de 50 minutos.
OS CONTOS DA MARQUESA
Sesión de contos tradicionais e de autor para público a partir de 6 anos. A sesión ten unha duración de 50 minutos.