SOLE FELLOZA URUGUAI-SANTIAGO
Actriz e narradora oral, muller apaixonada das historias dende fai máis de 35 anos. Goza da comida, do viño e das persoas que ao falar debuxan o mundo no que viven, soñan, cantan e morren. Imposible non levar a viaxar esas palabras.
Sobre
SOLE
Percorre o mundo, participando en diferentes festivais e levando o universo das mulleres que dunha
beira e outra do Atlántico, tiveron sempre moito que contar.
Contos sen tempo para todas ás idades.
Por aquí deixo tres espectáculos pero teño moitos para os distintos tempos e celebracións do ano, consulta na miña web
635 952 820
A VIAXE DE LUP
Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o nome tan longo que lle puxera a sua nai, por iso todo o mundo chámalle Lup.
Lup, un día preparou a sua maleta, e foise a dar a volta ao mundo.
Un xersei, unha bufanda, uns peúgos de la, un libro de contos,unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos, un chupete…un chupete!
¿Un chupete é una cousa para levar nunha viaxe tan divertida?
Espectáculo de contos, son, versos, é pequenos obxectos para pequech@s de 10 meses a 3 anos
BAILAR NAS NUBES
Mara é unha nena que soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está pertiño a terra e moi lonxe do ceo!
Só a axuda de novos vecinos fará que o seu soño sexa unha realidade.
Veciños diferentes, chegados de lonxanas terras, co corazón ferido, namorado, ou pechado baixo sete chaves, abrirán as mans e as nubes, ao final bailarán con todos?
Espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff de Editorial kalandraka.
O libro é unha viaxe poética e visual para chegar a bailar coas nubes. No espectáculo cóntase a historia recreada de cada unha das casas, das persoas que fan posible o soño. Porque a historia de cada un de nós é unha tea feita dos fios da memoria de todos.
Cada casa, é un conto diferente. En cada sesión cóntanse tres historias adaptadas as idades do público e a celebración do calendario do libro e da lectura
«Baixa das nubes filla», é a frase que máis escoita Mara, pero coas historias que lle contan seus veciños, e moi difícil non sentir o corpo lixeiriño.
Cada libro que Mara descubre é un chanzo máis na escaleira da imaxinación
O COMEZO DO MUNDO
Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende ésta premisa Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres.
As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sin tempo.
Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro. Nese altar da memoria que empeza nas súas mans e medra nos seus ollos.
Mulleres que sacaron adiante aos fillos cando o home marchaba ao mare o a emigración. Mulleres que hoxe usan youtube e contan a cámara as cousas para que os netos que medran lonxe saiban da súa terra.
Outras que soñan e o que soñan faise realidade.
Algunas que curan con fieitos o que non curou o médico.
Que abren a súa casa a ésta uruguaia que abre moito as orellas para aprenderlles ben da fermosa lingua na que constrúen o mundo.
Esta uruguaia á que sempre preguntan: e ti por qué falas galego
E ela sempre responde:-e porque non?