VERO RILO SANTIAGO
– E logo, vostede que é máis de branco ou de tinto?- preguntáballe eu sempre
– Ai, cheo, cheo, neniña- contestaba a Señora Isolina.

Sobre
VERO
650 031 784


CACHO ANIMALADA!
CACHO ANIMALADA! é unha sesión de narración oral e música para público infantil e as súas familias.
A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra, da voz (e outros trebellos) do multifacético Luis Iglesias.
Aventúranse xuntas nun camiño diverso, transitado por contos da nosa tradición oral, versións libres e revisitadas dos Contos de Fadas de Ángela Carter, contos de autor/a que xa son clásicos da
literatura e álbum ilustrado infantil…
Todo o repertorio vai da man da música, da alegría, dos animais e, por que non?, de certas animalas…
Son tempos de soltar as melenas e contar, cantar, bailar e correr coas feras que levamos dentro
Raposos, merlas, toupas, nenas, nenos… corredes con nós?

BAILEN AS VELLAS
Bailen as vellas os contos das cereixas é un espectáculo de narración oral para público adulto que reivindica a literatura,a música e a poesía de transmisión oral. En escena Vero Rilo e Atenea García intentan trasladar o legado e a voz das que non calaron, das que cantaron e bailaron e así traelas aos escenarios.
Bulide lixeiras que comezan os contos das cereixas!

TRALALAREIRA
TRALALAREIRA é un espectáculo de narración oral e música para público adulto.
Nesta ocasión a narradora Vero Rilo acompáñase de Santi Cribeiro (Berrogüeto, Matto Congro, Os
d ́Abaixo…) ao acordeón.
Este espectáculo nace da boca dunha muller, da señora Isolina, Ai neniña, o que se contaba darredor dun lume, que dicía ela.
Esa frase fixo prender a lareira, e que cociñásemos historias de vida, de tradición oral e contos de
autor/a xunto con músicas para cantar acompañadas.
Ela sempre dicía tamén que a vida é curta e logo pasa…
Fixo iso que sacásemos o viño vello e o viño novo e que brindásemos.
Lume, palabra, mulleres e música para contar e cantar con alegría parte da memoria dun pobo.