Carmen Domech
Carmen domech Caldas de Reis Carmen Domech Narradora, titiriteira, buscadora de ecos cos que falar e de historias e contos cos que descubrir o mundo e viaxar. Comezou a súa andaina na narración oral no ano 1987 como membro fundador do colectivo Dingolondango en Madrid. A partir de aí nunca deixou de contar contos. Veu […]
Cris de Caldas
Cris de Caldas Caldas de Reis Cris de Caldas naceu cando foi estudar a Santiago, alí era “a de Caldas” Sobre CRIS “Moito conto ten esta rapaza!” e a rapaza medrou ata convertirse nunha muller sempre disposta a escoitar, ler e transmitir os contos que máis lle emocionan. Quere ser unha muller de conto. 699 […]
Lorena Pinheiro
LORENA PINHEIRO PONTEAREAS Tírame moito compartir as historias da miña familia e airear os trapos sucios. Divírteme e faime sentir acompañada. Combino as súas historias con calquera tipo de conto, tradicional ou de autoría, que me faga suspirar. Sobre LORENA Unha tarde na casa de Meder, sendo unha cativa de oito anos, vin entrar no […]
Carmen Conde
CARMEN CONDE LUGO Narradora oral, dramaturga e directora. É a metade de Tarabela Creativa.Gústalle escoitar, recoller e contar historias comúns que alcanzan altas cotas de extraordinario.Tamén lle gusta pronunciar en voz alta o longamente silenciado. Sobre CARMEN Carmen Conde é filóloga pola USC e dramaturga e guionista pola ENERC (Buenos Aires).Contadora con funcións nas dúas […]
Paco Nogueiras
PACO NOGUEIRAS SANTIAGO Paco Nogueiras é un músico convertido a actor e contacontos. Os diferentes rexistros de Paco Nogueiras convírteno nun ser de espectáculo «todoterreno» capaz de afrontar retos de todo tipo. Sobre PACO Francisco Nogueiras Nodar (Paco Nogueiras), nacido en Santiago de Compostela en 1970. Diplomado en Graduado Social. Músico en actor dende o […]
Aida Cobas
AIDA COBAS PALAS DE REI Actriz, formadora, narradora oral e creadora escénica. A súa necesidade de contar xorde dun profundo aprecio da lingua e da cultura propia. Gosta de compartir a través da palabra, historias onde os valores son protagonistas. Sobre AIDA O meu medio de expresión, así entendín eu o teatro dende ben pequena sendo […]
Inma Soto
INMA SOTO OURENSE Contadora de historias. Alimentou o seu imaxinario no seo dunha familia numerosa; a pequena de cinco irmáns que comezou a falar – sen parar – para facerse oco na sobremesa. Contos que agroman da profunda admiración á NOSA NATUREZA: a paisaxe, a cultura e á nosalingua Sobre INMA Inma Soto é Educadora […]
Alba Grande
ALBA GRANDE VALES O meu nome é Alba Grande e tamén Alba de Vales, polo nome da aldea na que me criei. Sobre ALBA Fórmome dende moza como actriz e titiriteira. A día de hoxe, traballonalgúns espectáculos de monicreques, e como profesora de teatro. Hai dous anos decidín dar o paso profesional, para inserirme nos circuítos da Galiza como […]
Charo Pita
CHARO PITA A vida paréceme admirable, pero ás veces dóeme o mundo. Sobre CHARO Nacín á idade de seis anos cando rematei de ler o seu primeiro libro. Desde ese día, a miña idade foise adaptando ata facerme sentir contemporánea de todo o mundo. Comecei a narrar historias no ano 94 e desde entón viaxo […]
María Pontragha
MARÍA PONTRAGHA TORDOIA Ás veces conto contosCompróbao e chámame, son narradora e préstame falar Sobre MARÍA María da Pontragha é educadora e antropóloga e, de cando en vez, tamén conta contos. Dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa oralidade, tanto a través da música coma da palabra . No 2009 comezou a súa andaina no mundo da […]