AVELINO GONZÁLEZ

Gustánme as historias de soños cumpridos, de caña e coña, de paixón… Esa clase de historias fantásticas que nos poden pasar a calquera, vaia.

Sobre
AVELINO

Non sei se conto monólogos ou monologueo contos.
Gústanme as historias de soños cumpridos, de caña e coña, de paixón, de tradición e contemporáneas; gústame o humor para non caer no fanatismo, a emoción para que escoitar teña sentido…
Gústanme esa caste de historias que nos pasan a calquera, que de tan reais parecen fantásticas. Conto para todos públicos, claro: o conto é público.
Dúctil e maleable.
Contar é como saltar sen rede. Antes de empezar pregúntome “que vou contar?”; e cando miro á xente que vén escoitar é cando decido que contos vou contar.

630 071 734

CONTOS PRA CONTAR CARTOS

Son contos que falan dos cartos, de canto nos importan, de canto os gardamos, de canta falta fan A economía parte de: Tes ou non tes. Os problemas económicos parten de: que queres ter. E a solución está en: Ah, carallo! Quen a soubera!

ERAN ELAS!

Os príncipes azuis son un invento moderno. Antes de que os Grimm, Perrault, Andersen, Walt Disney… collesen eses contos, as mozas pelexaban con dragóns, as vellas salvaban ós novos, Isolda valíase sen Tristán, as princesas … Antes de que eses contos fosen adaptados á moral, a tradición era máis plural e irreverente. Máis divertida, vaia. E nada excluínte, ó contrario: Nestes contos, ser home, é máis descansado

CONTOS PARA ESCORRENTAR O MEDO

Non sei se da pandemia sairemos mellores ou peores, pero si sei que destapou varios medos. O medo… esa sensación que, por un lado, nos salva a vida e, polo outro, non nos deixa gozar dela. Este é un espectáculo de contos (tirados da tradición e actualizados) que falan do medo e de como levarnos con el. E de como rir del, claro!