CHARO PITA
Sobre
CHARO
Nacín á idade de seis anos cando rematei de ler o seu primeiro libro. Desde ese día, a miña idade foise adaptando ata facerme sentir contemporánea de todo o mundo. Comecei a narrar historias no ano 94 e desde entón viaxo con elas polo mundo. O meu traballo abarca diversas áreas do fabuloso, conto tanto para rapazada como para xente adulta. Tamén imparto obradoiros de narración oral e lectura expresiva. Levo publicados preto dunha vintena de libros e gañado algún que outro premio literario,. Unha das miñas facetas máis persoais é a de mesturar palabra e música. A este respecto, traballei fundamentalmente con instrumentistas pertencentes á area da música antiga (arpa, fídulas, viola da gamba, laúde…), con repertorios medievais e renacentistas, e á percusión. Encántame explorar a dimensión fantástica de cada acto cotiá. A vida paréceme admirable, pero ás veces dóeme o mundo.