CRIS COLLAZO A BANDEIRA
Sobre
CRIS
Nacín en Santiago de Compostela no 1986 e medrei no berce dunha aldea chea de fábulas, contos e cantigas. Dos beizos das avoas saíu a maxia da literatura popular que fixeron pouso na miña formación e entendemento da arte dramática. Así mesmo, cursei maxisterio e literatura en Madrid. Nestes anos comezaron as investigacións sobre o teatro cervantino e a literatura popular, así coma a miña carreira profesional como actriz. Curso dirección na ESAD, e tamén me formo noutros ámbitos interpretativos, danza ou música.
646 383 305
A ALQUIMISTA
Entre apócemas, plantas e libros, moran acubilladas as nosas protagonistas. Practican a chamada ALQUIMIA MODERNA, usando procedementos experimentais e misturas explosivas. FLORA, DAURO e a GATA SIMONIÑA foron aprendices do MAGO MERLÍN na mítica e máxica SELVA DE ESMELLE. A DON MERLÍN estas prácticas tan modernas non lle facían moita graza… pero elas, ás agochadas, continuaron cos seus procesos até conseguir fabricar o auténtico e revolucionario SUPERCONVERTEDOR. Este aparello, converte couasas «fake» (e isto non é trola) en cacharros de verdade que realmente molan!! Fuxiron de ESMELLE coa máquina ás costas e dende entón, pasan os días fabricando música e descubrindo novos inventos chaves para a humanidade.
A obra está indicada para tódolos públicos e dado o seu carácter didáctico, préstase para realizar funcións escolares. A Alquimista, ten un marcado ton poético e cómico, onde a música e a palabra se conxugan envolvendo o espectáculo nunha atmosfera máxica e misteriosa.
SON DE BERCE
A través de pezas musicais de composición propia, realizaremos unha viaxe pola natureza dende que amenece até que o sol se pon. As emocións serán evocadas mediante efectos visuais, auditivos e se as medidas sanitarias o permiten, o tacto, tendo contacto con tecidos diferentes… Acompañamos os primeiros sons dos bebés e de cando en vez algunha palabra xoguetona fará a súa aparición convidándonos a soñar poesía.
A CORVA
Carmen Montoiro, coñecida como A CORVA, foi unha famosa compoñedora de ósos de A Estrada, mais alén de arranxarche un xeonllo, botábache un conto! Pra esta ocasión A CORVA irá curando ós e ás asistentas á Romaría de tódolos seus males: de amores, dos brazos caídos, da língoa afiada… botándolle un conto da cultura popular galega. Así mesmo, levará unhas herbas curativas, coma o OLLO DE BELCEBÚ, que cura os males do…