DANI BLANCO CANGAS
Sobre
DANI
Nado en Cangas no ano 1981. Pallaso, bufón, improvisador e narrador oral. Ata o ano 2003 a súa vida non merece ocupar nin unha liña deste curriculum. Neste ano funda a compañía de circo Asircópatas coa que crea 8 espectáculos o longo destes 20 anos entre eles: Montagem ou Rogelio.
Grazas a estes espectáculos sae da súa casa e viaxa por 15 países. Fundador da cia. Muu tamén de circo crea no ano 2019 o espectáculo Crunch! Adentrase noutros campos coma a improvisación coa que impartir clases durante varios anos e actúa nas montaxes do CDG e participa en festivais internacionais. Tamén conta, participando en festivais como o Atlántica escribindo os seus propios
contos para adultos que publicará no libro “Murmuraban as miñas veciñas” no ano 2022 e neste mesmo ano crea espectáculos infantís de narración coma “Historias desde o outro lado da raia” ou coa Cia Diáspora escena “O Peirao”. Como di a sua nai:-Este dálle a todo.
647 059 288
AS ALMOFADAS SOÑADORAS
Unha obra contra os autoritarismos para público familiar
Que non nos rouben os soños!!
O Rei máis malo de todos os tempos, Rácano I non deixa de por leis cada vez máis terribles. Desde proibir os recreos, ata os domingos. Tampouco se pode cantar na ducha. Os habitantes de Galegópole non poden máis. Todo o día traballando nas minas. O único que lle quedan son os soños. Pero a malvada arquimaga do palacio Reptilia Pérfido, inventou ou máis terrible dos inventos, para que incluso as noites sexan un pesadelo para os galegopolitas. Ata cando vai aguantar o pobo esta situación? Xa está aquí o novo espectáculo de Diáspora escena, un espectáculo de monicreques , cheo de máxia, música, teatro de obxetos, circo, narración oral e tamén un chisco de rebelión.
Elenco
Dani Blanco e María Dobronich
CONTOS DE REVOLUCIÓN, DE NEIRA VILAS A BRASSENS
Público adulto
Disque cando unha bolboreta axita as súas ás en Australia, pode provocar un furacán en América. Tamén chamada teoría do caos. A revolución do caos, non chega cunha bolboreta, nace con Neira Vilas, mellor con “Memorias dun neno labrego”, e xa non hai volta atrás, arrástrao todo. Unha revolución que nos vai levar desde Buenos aires ata a caída do muro de Berlín. Esta viaxe vai facer parada en maio do 68, nas barricadas de París, na chegada dos Tamara a sala Olympia, Lacán e ata un boxeador ruso afincado en Cangas sempre acompañados da múscia de Brassens. Unha banda sonora en francés que nos vai acompañar neste camiño da revolución provocada por “Memorias dun neno labrego”.
Elenco
Dani Blanco (narración)
Zé Pumar (acordeón e voz)
ENTERROS, TABERNAS E CONTUBERNIOS
Un espectáculo de narración oral para
público adulto que mestura humor, retranca e memoria popular nun relato tan
improbable como sospeitosamente posible.
Entre conspiracións nacidas ao redor
dunha mesa de viño, personaxes que parecen saídos da historia… ou da taberna, e
episodios que nunca aparecerán nos libros oficiais,
Un espectáculo no que a chamada “historia
oficial” queda en entredito, porque ás veces a verdade non está nos arquivos…
senón nas historias que sobreviven de boca en boca.
Porque ás veces a Historia escríbese en
papel…
pero cóntase nas tabernas.