INMA SOTO OURENSE
Contadora de historias. Alimentou o seu imaxinario no seo dunha familia numerosa; a pequena de cinco irmáns que comezou a falar – sen parar – para facerse oco na sobremesa. Contos que agroman da profunda admiración á NOSA NATUREZA: a paisaxe, a cultura e á nosa
lingua
Sobre
INMA
Inma Soto é Educadora Ambiental e contadora de historias, con máis dunha década adicada á divulgación da natureza. Emprega os contos como ferramenta educativa e lúdica para por en valor o noso patrimonio natural e cultural.
Estudou Ciencias do Mar en Vigo levada polo entusiasmo dun corazón aventureiro; e coa ansia de interpretar e valorar a nosa natureza sentiu a necesidade de completar esta formación co Ciclo de Xestión Forestal e do Medio Natural.
Os contos naceron para sensibilizar na protección e respecto polo medio, divulgar e dar a coñecer a nosa cultura; o conto apela a emoción!
Creadora de Xuri, o protagonista dun conto sobre lumes forestais. Da vida a trasnos, mouras e meigas. Participa de representacións teatrais para a posta en valor e coñecemento dos nosos saberes, dende o ciclo do pan a oficios como a olaría. Recentemente autoeditou “Xela, a superheroína de aldea”, un álbum ilustrado que acompaña un proxecto de Educación Ambiental.
653 381 549
XELA, A SUPERHEROÍNA DE ALDEA
Este espectáculo busca achegar ás nenas e nenos á NOSA NATUREZA: á do medio ambiente, á nosa cultura, á nosa lingua propia; dar a coñecer e por en valor o patrimonio natural e cultural do noso territorio.
A súa protagonista é unha figura feminina: unha nena espelida, creativa e divertida, referente necesario para as nenas e nenos da actualidade.
Xela relata as súas aventuras na aldea e mostra todas as vantaxes que lle aporta vivir nunha contorna tan amable: é unha nena habilidosa e saudable porque xoga moito ao aire libre, aliméntase moi ben porque ten produtos de proximidade, aprende moito por simple observación da natureza e, sobre todo, é unha nena resolta e feliz.
Destinatarias: público infantil, familiar
Duración: 50 minutos
OS MARABILLOSOS DE RISCO
E se Vicente Risco aparecese na túa aula? E se de súpeto descobre que todo o seu traballo a prol da lingua e da cultura está a esmorecer?
Risco non se rende! e sabe que un dos xeitos máis marabillosos para que a lingua viva nas nenas e nenos e contar historias, uns contos marabillosos!
Sabes como abrir a porta que agocha un tesouro? hai un lugar onde a intelixencia e a bondade das labregas ten máis valor ca o ouro dun rei avarento.
Arríscate a coñecer a Vicente Risco, unha das figuras máis importantes da literatura galega, membro da Xeración Nós e precursor do nacionalismo galego.
Arríscate a coñecer a túa lingua, pois nela viaxarás por unha historia ben emocionante, a túa!
Destinatarias: Educación primaria, público familiar
Duración: 50 minutos
SINFONÍA DE CONTOS. NÓS TAMÉN QUEREMOS NAVEGAR
Espectáculo de narración oral para público familiar, no que a palabra e a música dialogan en directo. Un conto que apela á sensibilidade, busca outorgarlle capacidade de decisión ás crianzas e valora a relación que gardamos coa natureza.
A clarinetista Tamara Soto acompaña con pezas breves e efectos sonoros. Ao longo da sesión introdúcense xogos de ritmos corporais e cantigas participativas que convidan ao público a intervir.
Quen non soñou algunha vez en viaxar no lombo dunha balea?
Esta historia vai dun caracol de mar que lle queda pequeno o seu lar, o mundo quere coñecer e así aumentar o seu saber.
E unha balea, que terá que ver?
“Nós tamén [queremos] navegar!”
Destinatarias: público infantil, familiar
Duración: 50 minutos