PACO NOGUEIRAS SANTIAGO
Paco Nogueiras é un músico convertido a actor e contacontos.
Os diferentes rexistros de Paco Nogueiras convírteno nun ser de espectáculo «todoterreno» capaz de afrontar retos de todo tipo.
Sobre
PACO
Francisco Nogueiras Nodar (Paco Nogueiras), nacido en Santiago de Compostela en 1970. Diplomado en Graduado Social.
Músico en actor dende o ano 1990. Contador dende o ano 2014 ata a actualidade.
-Como actor e contador:
-Contacontos coa Editorial Kalandraka, realizando a Campaña de animación á Lectura polos centros escolares e bibliotecas do país dende o ano 2014 ata a actualidade, con máis de 500 sesións realizadas pola xeografía do país.
-Membro do grupo de teatro «Os Quinquilláns» e do grupo de animación musical infantil Os Tres TENedORES.
-Mestre de Teatro no Concello de Muros, Esteiro e Compostela entre os anos 1995 e 2002.
-Actor e percusionista do grupo ELS COMEDIANTS nos anos 1996-97.
-Cursos de teatro con Andres Pazos e Fabio Mangolini.
686 306 515
CONTOS A CENTOS
Paco Nogueiras pretende afondar na normalización da nosa lingua dende as primeiras idades. Poesía, contos tradicionais e relatos de autor acordes á idade do público conforman o repertorio desta actividade, na que a narración oral enriquécese cun acompañamento musical elaborado expresamente para cada historia.
Retrousos e cancións fan que os nenos e as nenas poidan participar activamente nas sesións, acompañando as historias narradas coa voz, coas palmas ou con acenos.
Como ferramenta de coñecemento, aprendizaxe e transmisión da cultura, a sesión xira arredor do libro e dálle todo o protagonismo. E como morada natural dos libros, Paco Nogueiras aposta pola biblioteca como espazo de encontro arredor da palabra e da oralidade, coa música como elemento dinamizador.