PAVÍS PAVÓS

Pavís Pavós levamos contando contos para público familiar e para bebés desde o ano 97… Toda unha vida!

Sobre
PAVÍS PAVÓS

PAVÍS PAVÓS comezamos no ano 1996 en Pontevedra como grupo de contadores de contos para público infantil e familiar. No 2012 incorporamos ao noso repertorio sesións de contos para bebés.

No ano 2005 recibimos o premio Xoán Manuel Pintos polo compromiso coa lingua.

Traballamos en bibliotecas, colexios, colaboramos con asociacións,  participamos en festivais dentro e fóra de Galiza e dende 2012 coordinamos o Festival SETE FALARES en Pontevedra.

618 951 328

SESIÓNS DE CONTOS PARA BEBÉS

Sesións de contos dirixidas a bebés de 0 a 3 anos que poderán seguilas dende o colo da súa nai, pai ou persoa adulta que os acompañe. Partindo de cousiñas cotiás e próximas ás crianzas, cantamos, contamos pequenas historias encadeadas con ditos, xogos e cancións tradicionais e algunha composta adrede para estas funcións. Cada sesión ten unha duración de 35 minutos.

CONTOS PARA ORELLAS ABERTAS

Sesión de contos marabillosos para público a partir de 4 anos. A sesión ten unha duración de 50 minutos.

OS CONTOS DA MARQUESA ​

Sesión de contos tradicionais e de autor para público a partir de 6 anos. A sesión ten unha duración de 50 minutos.