SOLE FELLOZA URUGUAI-SANTIAGO

Actriz e narradora oral, muller apaixonada das historias dende fai máis de 35 anos. Goza da comida, do viño e das persoas que ao falar debuxan o mundo no que viven, soñan, cantan e morren. Imposible non levar a viaxar esas palabras.

 

Sobre
SOLE

Seu traballo xunta a investigación gastronómica, patrimonial e antroplóxica coa literatura do realismo máxico que din que é latinoamericano pero ela sospeita que é galego.
Percorre o mundo, participando en diferentes festivais e levando o universo das mulleres que dunha
beira e outra do Atlántico, tiveron sempre moito que contar.

Erundinas ao redor da cocina de ferro, Lolas coas mans no fermento, Chelos coa pistola no monte defendendo os seus sentires, Poemanas que paren en pé como as bestas…e Isaías, Xosés, e Manolos que descubren o asombro de ver romper o sol nun outeiro ateigado de de toxos en flor.
Contos sen tempo para todas ás idades

635 952 820

A VIAXE DE LUP

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o nome tan longo que lle puxera a sua nai, por iso todo o mundo chámalle Lup.

Lup, un día preparou a sua maleta, e foise a dar a volta ao mundo.

Un xersei, unha bufanda, uns peúgos de la, un libro de contos,unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos, un chupete…un chupete!

¿Un chupete é una cousa para levar nunha viaxe tan divertida?

Espectáculo de contos, son, versos, é pequenos obxectos para pequech@s de  10 meses a 3 anos

BAILAR NAS NUBES

Mara é unha nena que soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está pertiño a terra e moi lonxe do ceo!

Só a axuda de novos vecinos fará que o seu soño sexa unha realidade.

Veciños diferentes, chegados de lonxanas terras, co corazón ferido, namorado, ou pechado baixo sete chaves, abrirán as mans e as nubes, ao final bailarán con todos?

Espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff de Editorial kalandraka.

O libro é unha viaxe poética e visual para chegar a bailar coas nubes. No espectáculo cóntase a historia recreada de cada unha das casas, das persoas que fan posible o soño.  Porque a historia de cada un de nós é unha tea feita dos fios da memoria de todos.

Cada casa, é un conto diferente. En cada sesión cóntanse tres historias adaptadas as idades do público e a celebración do calendario do libro e da lectura

«Baixa das nubes filla», é a frase que máis escoita Mara, pero coas historias que lle contan  seus veciños, e moi difícil non sentir o corpo lixeiriño.

Cada libro que Mara descubre é un chanzo máis na escaleira da imaxinación

O COMEZO DO MUNDO

Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende ésta premisa Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres.

As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sin tempo.

Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro. Nese altar da memoria que empeza nas súas mans e medra nos seus ollos.

Mulleres que sacaron adiante aos fillos cando o home marchaba ao mare o a emigración. Mulleres que hoxe usan youtube e contan a cámara as cousas para que os netos que medran lonxe saiban da súa terra.

Outras que soñan e o que soñan faise realidade.

Algunas que curan con fieitos o que non curou o médico.

Que abren a súa casa a ésta uruguaia que abre moito as orellas para aprenderlles ben da fermosa lingua na que constrúen o mundo.

Esta uruguaia á que sempre preguntan: e ti por qué falas galego

E ela sempre responde:-e porque non?